TY - JOUR AU - García Negro, María Pilar PY - 2022/07/22 Y2 - 2024/03/29 TI - Utilización político-mediática de conceitos sociolingüísticos na linguaxe actual JF - Cuadernos Europeos de Deusto JA - CED VL - IS - 04 SE - Estudios DO - 10.18543/ced.2479 UR - https://ced.revistas.deusto.es/article/view/2479 SP - 265-280 AB - Todo avanzo efectivo no proceso de normalización dunha lingua nacional submetida ao dominio da oficial estatal vai estar sempre acompañado-combatido por un arsenal semántico-terminolóxico que visa destruílo ou neutralizalo. A estratexia da imposición das linguas consideradas indiscutíbeis nas súas prerrogativas dotarase de tácticas diversas, adaptadas ao momento histórico e á súa maior eficacia divulgativa. Nesta operación da neoimposición das linguas estatais, utilízanse conceitos ou expresións que non se compadecen coa orixe histórica nen coa realidade sociolingüística. Interesa, pois, analisar a utilización xurídico-política —e a súa derivada mediática— de nocións como lingua común, conflito lingüístico, inmersión, plurilingüísmo ou normalización. Referímonos, en concreto, ao marco español, e ás linguas nacionais que del dependen: galego, éuscaro, catalán. A cuestión das linguas —o seu uso xeral, os seus dereitos, a súa existencia, en definitiva— está intimamente unida ao recoñecemento ou non dos povos, das sociedades a que pertencen. É, pois, unha cuestión esencialmente política, en que está en xogo a admisión ou non —en igualdade democrática e horizontal— de nacións que non posúen institucións estatais ao seu servizo. Na fase actual de capitalismo globalizado, dereitos democráticos teoricamente proclamados fican en entredito pola imposición de facto das linguas que contan de vello cunha maquinaria potente de implantación e consolidación social e pública. A título de exemplo significativo, sinalamos o incumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, recoñecida como paralexislación polo Estado español en 2001 ou da Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos, aprobada por unanimidade polo Congreso de Deputados español e polos Parlamentos galego, basco e catalán en 1996.Recibido: 07 marzo 2022 Aceptado: 09 mayo 2022 ER -