Estudo da literatura traducida por editoriais galegas fundadas a partir de 2003 durante o período 2005-2012

  • Lucia Cernadas Universidad de Oxford, Reino Unido
Palabras clave: tradución, sistema literario galego, editora, normalización

Resumen

Este artigo estuda as traducións publicadas entre 2005 e 2012 por 25 editoras incorporadas ao campo editorial galego a partir de 2003, canto a volumes e data de publicación, xénero literario e lingua orixinal. Igualmente, este texto reflexiona sobre a relación entre estas publicacións e o discurso da normalización cultural. Após presentar e discutir información extraída da base de datos do Projeto Livro Galego (Samartim & Cernadas 2020), móstrase que estas obras proceden maioritariamente do español e do inglés, en canto o xénero predominante é a literatura infantoxuvenil, seguida da narrativa. Isto é debido, porén, a unha minoría de editoras que concentran a maioría das publicacións, mentres que o resto mostran plans tradutolóxicos máis variados. Asemade, os datos mostran que o subcampo da tradución no período seleccionado é dependente do campo do poder. Finalmente, a idea da normalización é presentada como unha das principais funcións da tradución literaria ao galego. Esta análise pretende contribuír con información empírica, e algúns comentarios críticos, á comprensión do modelo cultural dunha lingua minorizada europea nunha das súas manifestacións fundamentais.

Recibido: 18 abril 2022
Aceptado: 12 mayo 2022

Descargas

La descarga de datos todavía no está disponible.

Biografía del autor/a

Lucia Cernadas, Universidad de Oxford, Reino Unido

Lectora de galego na Universidade de Oxford. Graduada en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios e graduada en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios pola Universidade da Coruña (UDC), realizou o Mestrado en Literatura, Cultura e Diversidade na especialidade de Galego e Portugués na mesma universidade. As súas liñas de investigación actuais céntranse no funcionamento do campo editorial galego no século xxi, con especial atención aos subcampos da tradución e da poesía.

Publicado
2022-07-22
Cómo citar
Cernadas, Lucia. 2022. «Estudo Da Literatura Traducida Por Editoriais Galegas Fundadas a Partir De 2003 Durante O período 2005-2012». Cuadernos Europeos De Deusto, n.º 04 (julio), 231-63. https://doi.org/10.18543/ced.2478.