Normalizando o galego en Alemaña. O papel da formación universitaria do galego en Leipzig

  • Carsten Sinner Universidade de Leipzig, Alemania
Palabras clave: galego en Alemaña, historiografía dos Estudos galegos, galego como lingua estranxeira, Centros de Estudos Galegos, tradución e interpretación

Resumen

A contribución traza os antecedentes do estudo do galego en Alemaña e o camiño seguido a partir de 2010, para incluír o galego no currículo académico en Leipzig e forzar, desta forma, o recoñecemento do galego e, ao mesmo tempo, da pluralidade lingüística de España en Alemaña. Prestarase especial atención, por un lado, á programación e ao desenvolvemento dos Estudos galegos no cadro da priorización e focalización das linguas minorizadas europeas na Universidade de Leipzig e, por outro, ás consecuencias da implantación do galego no ámbito académico alemán noutras esferas institucionais, para logo debater como inciden na normalización e promoción do galego a nivel internacional.

Recibido: 14 abril 2022
Aceptado: 16 mayo 2022

Descargas

La descarga de datos todavía no está disponible.

Biografía del autor/a

Carsten Sinner, Universidade de Leipzig, Alemania

Catedrático de Lingüística e Translatoloxía das linguas iberorrománicas na Universidade de Leipzig. Doutor en Lingüística pola Universidade de Potsdam e habilitado para cátedra pola Universidade Humboldt de Berlín. É director da área de linguas ibero-románicas do Departamento de Lingüística Aplicada e Translatoloxía, do Centro de Estudos Galegos, do Centro de estudos cataláns, do Centro de euskera e do centro de investigación do xudeo-español nesta mesma institución. É director, tamén, da cátedra Marià Villangómez de estudos cataláns nesta mesma universidade. Realizou numerosas estadías como investigador ou catedrático visitante, entre outras, na Universidade de Brasília (2012), Universidade Católica de Temuco (2015 e 2016) e City University New York (2019). Dende 2017, é profesor invitado na Universidade da Habana. É autor de numerosas publicacións sobre lingüística iberorrománica, contacto lingüístico, lingüística de variedades, sociolingüística e translatoloxía.

Publicado
2022-07-22
Cómo citar
Sinner, Carsten. 2022. «Normalizando O Galego En Alemaña. O Papel Da formación Universitaria Do Galego En Leipzig». Cuadernos Europeos De Deusto, n.º 04 (julio), 137-72. https://doi.org/10.18543/ced.2475.