Utilización político-mediática de conceitos sociolingüísticos na linguaxe actual

  • María Pilar García Negro Universidade da Coruña, España
Palabras clave: lingua común, conflito lingüístico, inmersión, plurilingüísmo, normalización

Resumen

Todo avanzo efectivo no proceso de normalización dunha lingua nacional submetida ao dominio da oficial estatal vai estar sempre acompañado-combatido por un arsenal semántico-terminolóxico que visa destruílo ou neutralizalo. A estratexia da imposición das linguas consideradas indiscutíbeis nas súas prerrogativas dotarase de tácticas diversas, adaptadas ao momento histórico e á súa maior eficacia divulgativa. Nesta operación da neoimposición das linguas estatais, utilízanse conceitos ou expresións que non se compadecen coa orixe histórica nen coa realidade sociolingüística. Interesa, pois, analisar a utilización xurídico-política —e a súa derivada mediática— de nocións como lingua común, conflito lingüístico, inmersión, plurilingüísmo ou normalización. Referímonos, en concreto, ao marco español, e ás linguas nacionais que del dependen: galego, éuscaro, catalán. A cuestión das linguas —o seu uso xeral, os seus dereitos, a súa existencia, en definitiva— está intimamente unida ao recoñecemento ou non dos povos, das sociedades a que pertencen. É, pois, unha cuestión esencialmente política, en que está en xogo a admisión ou non —en igualdade democrática e horizontal— de nacións que non posúen institucións estatais ao seu servizo. Na fase actual de capitalismo globalizado, dereitos democráticos teoricamente proclamados fican en entredito pola imposición de facto das linguas que contan de vello cunha maquinaria potente de implantación e consolidación social e pública. A título de exemplo significativo, sinalamos o incumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, recoñecida como paralexislación polo Estado español en 2001 ou da Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos, aprobada por unanimidade polo Congreso de Deputados español e polos Parlamentos galego, basco e catalán en 1996.

Recibido: 07 marzo 2022
Aceptado: 09 mayo 2022

Descargas

La descarga de datos todavía no está disponible.

Biografía del autor/a

María Pilar García Negro, Universidade da Coruña, España

Honorary professor at the University of A Coruña since 2016 and a professor at the Senior University. Her publications mainly refer to Galician sociolinguistics, linguistics, language and literature, with attention to authors such as Rosalía de Castro, Lamas Carvajal, Castelao, Ramón Vilar Ponte, Carvalho Calero, Manuel María, Uxío Novoneyra and Marica Campo. Collaborator of the Asociación de Escritoras-es en Lingua Galega (from which she received the Escritora na sua Terra Award), of the Asociación Socio-Pedagóxica Galega and of the Mesa pola Normalización Lingüística, she was co-editor of the Universal Declaration of Linguistic Rights and is an ad honorem member of the Association of Women Researchers and Technologists. In 2010, she won the 15th Vicente Risco Essay Prize for her work O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo. In Laiovento she has published Semper en galego (1993 and 1999), Direitos lingüísticos e control político (2000), De fala a lingua: un proceso inacabado (2009), Ricardo Carvalho Calero: a ciencia ao servizo da nación (2010 and 2019), Outramente (2012) and Rectificar a historia. Escritos sobre Ricardo Carvalho Calero (2021). Other works are Arredor de Castelao (A Nosa Terra, 2001), Textos filosófico-políticos de Ramón Vilar Ponte (Deputación de Lugo, 2007) and Galiza e feminismo en Emilia Pardo Bazán (Alvarellos, 2021). In 2010, she was curator of the exhibition dedicated to Castelao by the Museo Provincial de Lugo and in 2020 of the one dedicated by the Parliament to Carvalho Calero.

Publicado
2022-07-22
Cómo citar
García Negro, María Pilar. 2022. «Utilización político-mediática De Conceitos sociolingüísticos Na Linguaxe Actual». Cuadernos Europeos De Deusto, n.º 04 (julio), 265-80. https://doi.org/10.18543/ced.2479.